Breogán Gómez-Giráldez Pérez
Tito Gómez Giráldez como é coñecido na prensa e en certos sectores sociais, naceu na Cañiza (Pontevedra) no ano 1952 e reside en Vigo dende o 1962. Ecoloxista, Periodista, Escritor, Crítico de Arte, ..., é autor de distintos estudios de medio ambiente, ecoloxía, desenrolo sostible, arte, ..., e ademais é autor de diverso libros, sobre de todo, de arte.
Biografía
Comezou no mundo do periodismo en Radio Popular de Vigo con: Jaime Cross, Manolo Yelamo, Gerardo Rodríguez, Gerardo González, Keka Merino, Fernando Ramos,Plaza .... Colaborou, con distintos pseudónimos, en Faro del Lunes, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e distintas revistas especializadas en arte. Posteriormente traballou para o EL Pope, Informe Galego, Radio Voz, .... . En Radio Voz fixo o programa do Deporte Base de Vigo, maila súa comarca, no programa de Deportes participado por Cholo Durán e Antonio Saborido; mais adiante, nesta mesma Radio, foi contertulio no Debate de Vigo en Voz Alta, moderado pola periodista Esther López. Na actualidade é o xefe de redacción do periódico EL FORO METROPOLITANO e xefe de Relacións Externas do Grupo de Ecoloxía Científica GECMA, ... .
Especialista en marketing, escritor, crítico de arte e pintor. Empezou debuxo no ano 1969 co pintor e catedrático Anxo Sevillano. Asistiu a diferentes cursos e masters en: Sttugar (Alemania), Paris (Francia),... . Participou en varias exposición colectivas en Madrid e Barcelona. No ano 1982 expuxo na Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. No 1984 realizou unha exposición individual na Caixa de Aforros Municipal de Vigo, nese mesmo ano expuxo nó IV Festival da Poesía no Condado Ponteareas do 14 o 20 de maio/84).
Naquel tempo foi asiduo ás tertulias do “Elixio” e a “Viuda”, nas que participaban, entre outros, Celso Emilio Ferreiro, Colmeiro, Lodeiro, Laxeiro, Urbano Lugrís, Manolo Forcadela, Bernardino, Neira Vilas, Eirabella, Caamaño, Mario Granell, Anxo Sevillano, Xosé Guillermo, Antonio Palacios, Diego de Giráldez, Santiago Montes, Mercedes Ruibal, Ángel Huete, Mantecón, Fanchuco, Cachi, Eduardo González ... . Foi precisamente este grupo, dirixido por meu pai –Tito Gómez Giráldez- e apoiado por os periodistas Francisco Gil e Fernando Franco, o que evitou que se derruíra o antigo Palacio de Xustiza de Vigo -e cárcere de Vigo-, para convertelo en Praza, e lograr desta maneira que se construíra o actual Museo de Arte Contemporáneo de Vigo“MARCO”.
Crítica de Arte sobre a súa obra pictórica
No libro correspondente o Festival da Poesía no Condado, limiar feito por Xosé Luís Méndez Ferrín, na páxina 149 din de Tito Gómez Giráldez: “E. Enrique Gómez Giráldez é un excelente debuxante. Non é surrealista nin sequera a maneira que podería selo un debuxante que se propuxera facer figurativas as invencións máxicas de Miro. É sinxelamente un alterador da coherencia cotidiá si é que o cotidián é coherente, pro nunca un subvertidor das cousas como foron os surrealistas históricos. Os cadros de Enrique Gómez son tan coherentes como os máxicos gravados de Miró e nada digamos respecto a os épicos carteis de Picasso.
Como escritor
Como escritor, é autor de distintos libros sobre pintores: “El Vuelo de la Mente”, “Diego de Giráldez de Pontevedra al Mundo”, A Realidade e o seu Espello (Editado en Editorial Nigra S.L. en galego e castelán)”,..., neste último libro colaboraron con él: Carlos Casares, Costa Clavell, Soletura, Ramón Faraldo, Antón Fraguas, García Sabell, Filgueira Valverde, Santiago Amón, Sergio Mourâo, Margarita Rúas, Sanchidrián, Pérez Calero, Gavira, González Ortiz, Antón Castro, Vinardell, Osuna Ruiz, Almodóvar Azorín, Verdera Franco, Amiguetti Sánchez, Jesús Guerra, Francisco de Pablos, Perozo, Ilarri Junquera, Armesto Fajinas, Lalo Vázquez Gil, J.A. Sánchez García, Fraga Iribarne, Rajoy, Pando,... . Colaborou en distintos libros de contos infantís, etc..
Eido Social
No eido social, participou en distintas asociacións: Secretario da Asociación de Veciños Camiño Vello de Coia, Vocal na Asociación de Veciños do Casco Vello, Presidente do Grupo de Ecoloxía GEMA, Secretario dá Asociación Gran Vigo, Xefe de Relación Externas do Grupo de Ecoloxía Científica GECMA etc..
Premios
No ano 1989 concedéronlle o Premio Ecoloxía Galicia /89
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario