viernes, 24 de abril de 2009

Os novos dirixentes dos partidos de esquerdas teñen que fager unha profunda reflexión e tomar as medidas necesarias.

Rafael E. Rial

Señor directo lle rogo publique a miña sensación sobre as recentes eleccións galegas.

Son un home da rúa e sei que hai xente moi inteligente nos partidos para fager una analise do acontecido, pero desda a rúa, eu vexo que oubo moitas cousa que se falaron nas asociación e nos bares e que ían levando os votos para o PP, UPyD ou en blanco. O final, ainda que me fastidie, teño que recoñecer que os votantes situaron o PP como o máis votado en Galiza e no municipio de Vigo, polo que poderán fixar obxectivos de cara a novos comicios e especialmente aos municipais. Agora veremos que pasa cas europeas, si as volven a ganar na cidade será un grande impulso para recuperar a alcaldía.

Eu sei que non son así, pero a imaxe que daban, e que estaba na meirande parte dos faladeiros, era a de unha actitude arrogante e de unha falta de atención ás persoas, algo diso tamen se fala dalgúns concellos.

Os dirigentes dos partidos teñen que fager unha profunda reflexión e tomar as medidas necesarias, así como os cambios de persoas alá donde sexa necesario, desde a prudencia e o convencemento de que estes resultados non son extrapolables a outras citas electorais, pero tendo en conta que se a estos resultados se lles sumase unha victoria nas europeas, podemos estar falando dun verdadeiro impulso para que o PP recupere as grandes alcaldías.

Tanto o BNG como o PSOE teñen que ter presente que quedou claro que non hai que confiarse, que non hai que votar as campás o vó e que hai que marcar metas máis realistas y traballar para conseguilas nas próximas convocatorias electorais. Se sé saben facer ben as cousas, os partidos de esquerdas, teñen todos os grandes concellos, están en condicións inmellorables para afrontar calquera reto e moi ben posicionados de cara a unhas municipais que permitan manter as alcaldías.

Na Xunta perdemos os que votamos diferente o PP e os partidos os que lle votamos, pero sería de resaltar que se gañamos nas municipales esta circunstancia produciríase cando estamos na oposición cunha base de votos moi sólida, non esquezamos que o PP solo ten un diputado máis que os membros do bipartito, e serviría para dar un aviso importante en canto a recurar o goberno da Xunta. Pero para gañar non se pode mirar só para o seu embigo nin dar a sensación de que unha minoría impoña as súas posicións á maioría, nin tampouco que un deles queira impoñer totalmente o seu criterio, por que parecería prepotente. As cousa deben arrenxalas dentro, e fora dar a sensación de que hai alguen que pon orde, por que se non se ten autoridade nin capacidade para enderezar o rumbo, nalguas partes podemos ir a pique, o mesmo tenpo que lle hai que dar xogo a todos os concelleiros, ou cambiar os que faga falta. En canto a Xunta hai que traballar dabondo na oposición para que o PP non recorte os beneficios socias que se conquerirón co goberno de Touriño e denunciar o que se faga mal e, sobre todo, o que non se fai, que pode ser moito, se nos fiamos das derradeiras declaración do Feixoo e ademáis por que é a obriga e a responsabilidade dunha oposición. Por outro lado o PP, cando se tope ca realidade de gobernar. vaise dar conta que unha cousa en predicar e outra dar millo.

No hay comentarios: